8.1.09

O día antes das vacacións

Mozos e mozas do club de lectura fixéronlles un regalo de Nadal ao alumnado de primeiro e segundo ESO. Fixeron unha seleción de poesías e relatos e foron polas aulas a lerllos aos compañeiros/as. A actividade foi moi ben recibida por todos, cousa que queremos agradecer, posto que foi concibida como unha sorpresa e, non tendo avisado de antemán, todos nos permitiron o paso.

2 comentarios:

Biblioafonso dixo...

Outra vez nos toca tomar nota de tan fantástica idea.

Loly dixo...

Parabéns por tan fermosa sorpresa e por tan bo recibimento a este fantástico escuadrón.
Apertas dende Fene!!