10.12.08

Dereitos humanos, arte e literatura

Hoxe, Día Internacional dos Dereitos Humanos, colocamos na biblio e no vestíbulo do insti unha exposición dos traballos que veu realizando o alumnado de 2º de bacharelato e dirixidos por Bea, profe de debuxo artístico. Os alumnos/as pintaron cadros inspirados noutros do pintor ecuatoriano Oswaldo Guayasamin, e cada un deles representa a un artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Tamén expuxemos unha selección de libros relacionados co tema, títulos como "No hay tiempo para jugar", "La piel de la memoria", "Zara y el librero de Bagdad", "O neno co pixama de raias", "O brillo dos elefantes", "Cartas de amor", "Fin de século en Palestina", "Educación e paz III", "Las cenizas de Ángela", e outros.



8 comentarios:

Loly dixo...

Parabéns aos artistas e por suposto a eses magníficos mediadores que fan posible esta fantástica implicación.
Apertas!!

Antonio Martínez dixo...

Artístico xeito de traballar so D.H.
Reitero as palabras da miña xefa de prensa.

Patricia dixo...

Realmente, cuando los alumnos se ponen...hacen cosas tan bien hechas como éstas. Felicidades a todos y por supuesto, a su profesora de Educación Plástica.
Un saludo

Patricia dixo...

Esta claro que cuando los alumnos se ponen...consiguen cosas como éstas. Felicidades a todos y por supuesto, a la profesora de Educación Plástica. !Buen trabajo!

Beatriz González dixo...

Impactante e precioso.
Beatriz

Carmen Suárez dixo...

Estupendo traballo, moi impactante.

Bibliomanía dixo...

Menos mal que hai vida máis alá da selectividade.
Bo traballo, rapaces!

anxo dixo...

parabéns por esta preciosa actividade a toda a xente que participou