11.6.07

Gañadores da I Olimpiada do Saber

Despois de catro semanas de dura competición, investigando cada día, buscando pola exposición de novela policial, buscando en internet, removendo ceo e terra, un equipo de investigadores acadou a victoria. Contestaron 20 preguntas (unha por día), dous preguntóns, resolveron dous xogos "pista a pista" e puxeron os seus puntos en risco con dúas apostas semanais. Desde Sherlock ata Wallander, de Kojack a Colombo, ninguén se pode equiparar co equipo SINICHI KUDO, que acadaron 38 puntos sobre 46. Os fabulosos investigadores SINICHI KUDO son: Rubén Pérez, Damián Caballero e Yago Lozano, de 2º ESO A.


Ningún comentario: