5.2.07

Club de lectura virtual

Para o alumnado de 2º ciclo e bacharelato. Cada trimestre escollen un libro que servirá de base para as reunións do club de lectura. Os lectores tamén poden participar facendo os seus comentarios no blog. Ó remate do trimestre hai un concurso con preguntas sobre o libro. Hai premios para os gañadores do trimestre e para os que acumulen máis puntos ó rematar o curso.
Este trimestre "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.
Información sobre a obra:
e sobre o autor en:


Participa de xeito virtual

no club de lectura:

fai os teus comentarios só cun "clik"

3 comentarios:

biblioboveda dixo...

Unha obra interesante.¿Parécenvos acertadas as prediccións que fai o autor?

Anónimo dixo...

parécennos un pouco desfasadas

Anónimo dixo...

A min paréceme unha mestura entre utopía e realidade. Alguén coñece á típica moza nova, consumista, preocupada polo seu aspecto, os ligues e ser "normal"? Seguro que podes atopar máis dunha Lenina por aí, só fixándote un chisco. E que me dis do pánico a facerse un vello e quedar feito unha pasa en menos tempo do que un cre?
Falando da utopía, podo comentar que o soma é a perfecta droga; unicamente o seu consumo abusivo provoca unha morte prematura. E o sensorama? Que me dicides do sensorama?