18.6.12

Ópera no instituto

Os días 12 e 13 de xuño fixéronse dúas representacións da ópera de Donizetti, O elixir do amor, a cargo do alumnado de 1º de bacharelato de artes escénicas, música e danza. Meses de ensaios dirixidos polo profesor Julen Cantabrana para acadar a excelencia nunhas representacións que emocionaron tanto ao alumnado como aos pais, nais e profesores. Non temos palabras para describir a emoción que sentimos ao ver ao noso alumnado dedicándose con tanta paixón ao bel canto durante todo o ano, unha experiencia inesquecible.
A obra é unha adaptación ao galego de L'elixire d'amore, de Gaetano Donizetti, co director, Julen, ao piano e con Rodrigo á trompeta. Como axudante de dirección e a cargo do libreto estivo a profe de música e da biblioteca, Ánxeles. O atrezzo a cargo de Luz Valencia. Os personaxes:
Adina: Berenice Fernández
Nemorino: Alfonso Castro
Belcore: Flavio Sedano
Irmáns Dulcamara: Flavio Granja, Diego Alonso e Roberto Comesaña
Giannetas: María Boubeta e Eva Pereira.
Coro: Miguel Alonso, Sergio Hernández, Diego Fernández, Diana Álvarez, Carmen Bobillo, Neila Escanciano, Iria Fernández, Brais Iriarte, Yaiza Pérez, Mantín Verde e Daniel Villar.
Case hora e media de espectáculo na que algunha lagrimiña correu no patio de butacas despois da romanza Unha furtiva lágrima, interpretada por Alfonso (último vídeo). Resumimos nos seguintes vídeos (perdón polos fallos técnicos, pero a gravación foi improvisada





11 comentarios:

Luz V dixo...

Agardamos que sexa a primeira de moitas máis, a ópera non ten porque ser só para uns poucos, como aquí se pode ver. Magnífico traballo, Julen e todo o elenco!

Unitaria de Vide dixo...

Que privilexio poder estudiar no ensino público, no Instituto Alexándre Bóveda: olimpiadas matemáticas, premios Irene, Boas prácticas.... e opera cantada polo alumnado en galego!!!!!
Emosiona, COMO NON VAI EMOSIONAR?????

JulenKan dixo...

Como di Nemorino "-Xa veremos!!". Ten que haber boa materia prima, e gañas. De todas maneiras coa boa acollida un anímase máis. Moitas grazas a todos. Especialmente a Luz Valencia que me axudou moitísimo co atrezo, vestuario e co apoio moral, jejeje.

JulenKan dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
bibliotecadocole dixo...

Sodes os mellores...Que maravilla..., xa podedes presumir de ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE!!!
Mil parabéns

luca dixo...

Así da gusto, ver que seguimos facendo cousas é moi gratificante. Con este material humano (profes e alumnado) somos imparables. O mensino público a por todas!
Luz KO

Patricia dixo...

Impresionante. Felicidades a los alumnos y alumnas y a ese pedazo de profesor que tuvo el valor de ponerse con un proyecto de ese tipo.

Antonio Martínez dixo...

Que non pare a música, o traballo e a ilusión. Parabéns impresionados desde o norte.

Nuria B dixo...

Marabilloso e realmente incrible o que se pode facer con un bo profesor e compañía … graciñas por compartir connosco o voso saber facer.

Alumnado 1ºF de Música dixo...

De parte de todo o alumnado que representou a ultima función.. Estamos moi orgullosos tanto do noso traballo e aprendizaxe este ano como orgullosos do traballo e dedicación do noso profesor Julen.. Dende logo que este ano foi un gran ano, e repetiriamos a experiencia de volver montar algo, por que dende logo que é un gozo traballar con este profesor.. Moitas grazas Julen, este ano vémonos todos de novo!

flaviosmiles dixo...

De parte de todo o alumnado que representou a ultima función.. Estamos moi orgullosos tanto do noso traballo e aprendizaxe este ano como orgullosos do traballo e dedicación do noso profesor Julen.. Dende logo que este ano foi un gran ano, e repetiriamos a experiencia de volver montar algo, por que dende logo que é un gozo traballar con este profesor.. Moitas grazas Julen, este ano vémonos todos de novo!