28.4.16

“Dímelo con los ojos” Alfredo Gómez Cerdá

“Dímelo con los ojos” Alfredo Gómez Cerdá Está é a segunda vez que o Departamneto de Lingua Castelá achega este autor xuvenil ao alumnado de 3º da ESO.

Nótase que coñece ben ao público a quen comunmente se dirixe porque pasa a falar directamente incidindo naquelas cuestións polas que os seus lectores acostuman interesarse. A principal, de onde vén a inspiración. Pois Gómez Cerdá aclara que vai aparecendo por moitos camiños, en forma dunha anécdota, dunha conversa, unha noticia nun xornal, unha viaxe… o caso é que apareza un fío do que empezar a tirar. Despois ten que mesturarse eso que vén de fóra co que xa leva o autor dentro, o seu mundo interior, o seu xeito de entender o mundo que nos rodea e a xente coa que vivimos. Un tercer ingrediente é necesario, documentarse sobre o tema que vamos a tratar. Neste caso, o autor acompañou a un grupo de rapaces autistas un día de campamento para caracterizar a Miguel, un dos personaxes.

Un consello para os que queiran escribir?..., ler moito, lendo apréndese a escribir. E ademáis facerse moitas preguntas.

E qué se sente cando se remata un libro?, pregunta outro dos alumnos… Dúas sensacións: pena por abandonar aos personaxes e tamén satisfacción por ter rematado o traballo.

O alumnado gustou moito do libro e agradeceu a presenza do autor e as dedicatorias que fixo nos seus exemplares.


26.4.16

Día Mundial do Libro

Este curso aproveitamos o Día do Libro para conmemorar os 400 anos de morte de Cervantes. Arrancamos cun taboleiro no vestíbuo do instituto, elaborado coas portadas das obras deste escritor. 

Logo compartimos lecturas que previamente traballaran na materia de Lingua e literatura castelá. Foi un pequeno teatro leído do episodio do xuízo de Sancho na ínsula Barataria. 

Partimos do texto que naceu a consecuencia do encargo que lle fixeron a Alejandro Casona de participar no Teatro do Pobo das Misións Pedagóxicas promovidas polo goberno da II República. O dramaturgo decidiu entón adaptar para o teatro episodios de Don Quixote da Mancha, que foron representadas por estudantes universitarios polos pobos de España. 


Nesta ocasión foi o alumnado de 3º e 4º ESO o que lles leu a obra aos compañeiros de 1º e 2º ESO. 





24.4.16

Crispin D´Olot

Para conmemorar o Día do Libro o noso alumnado asistiu a representación de Crispin D´Olot.

Os alumnos e alumnas de 3ºESO e 1º de bacharelato presenciaron unha representación na que o "xograr" fixo un repaso dende a  literatura medieval á o Século de Ouro. A literatura dos sécuos XVIII,  XIX e XX serviu de  guía para o espectácuo do que gozaron os nosos alumnos e aumnas de 4ºESO.

Crispín D'Olot é un xograr do século XX que combina música, teatro e literatura. Con el o noso alumnado viaxou entre versos a momentos estelares da literatura española. 


8.4.16

Enfermidade e dereito a vida

Dentro das actividades do Día Internacional da Muller, a activista e avogada Beatriz Figueroa impartiu unha charla ao alumnado de 4º da ESO do noso centro na que relatou a súa batalla defendendo os dereitos laborais dos enfermos de cancro. A súa loita para  conseguir protección socio-económica para os enfermos de cancro é un exemplo de muller comprometida e unha boa maneira de conmemorar o Día Internacional de Muller.

"La Canalla"; consumo consciente

Como parte do traballo interdisciplinar que están a desenvolver os 3º da ESO sobre CONSUMO CONSCIENTE, a través do libro LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO,  a biblioteca organizou unha actividade  en torno á roupa. 

Para isto contamos con LA CANALLA, unha empresa de diseño  sostible, ecolóxica e socialmente responsable que diseñou unha actividade co obxectivo de facer reflexionar aos rapaces sobre as nosas prendas e quen e como se fabrican.
Previamente, na clase de Xeografía, o alumnado viu o programa SALVADOS que tratou, nesta última tempada,  o tema da explotación en torno a confección de roupa.

A actividade desenvolvida con LA CANALLA, consistiu nun taller participativo que tivo lugar nocon telas, tesoiras e rotuladores,  onde o alumnado, en grupo e durante dúas horas, tarballou os conceptos sobre quen fai a nosa roupa, como se fabrica, quen a diseña, por que nos gusta unha determinada prenda… para conseguir, a través das emocións, ser conscientes da explotación en torno a este negocio do que formamos parte como consumidores.

Agradecemos a Patricia, Lara e Fran que, de maneira gratuíta, compartiron esta xornada co alumnado e presentaron a súa última aposta “SOÑOS roupa de cama éticamente bella”, dando a coñecer que outro tipo de actividade económica é posible: feita en Galicia, cento por cento ecolóxica e que paga salarios xustos.