26.10.07

CLUB DE LECTURA

Xa está aquí o noso club. Para este trimestre os nosos socios e socias propoñen a lectura de "El nombre de la rosa" de Umberto Eco. Só tendes que ir lendo o libro e enviándonos as vosas impresións ou comentarios para crear debate.

Calquera pode participar enviando os seus comentarios nesta entrada do blog. Vai ata o final da entrada e pincha en "COMENTARIOS"

http://www.bibliopolis.org/resenas/rese0277.htm

15.10.07

LIBRO DO MES DE OUTUBRO

Xa está aquí o primeiro libro do concurso deste ano.

OLLOS DE AUGA, de Domingo Villar.

Este curso poden participar lectores/as de 1º, 2º e 3º de ESO. Para os demáis reservámos un espazo no noso club de lectura. Unicamente hai que ler o libro e presentarse ós dez minutos de concurso que haberá no próximo mes. Acumulade puntos grazas ás vosas lecturas. Aqui vai o cartel da convocatoria. Non vos esquezades de deixarnos os vosos comentarios.