14.2.07

Superpregunta

Cada trimestre realizamos esta actividade de busqueda e selección de información co alumnado de primeiro curso da ESO. Trátase de dar resposta correcta ás incognitas que aparecen en negriña nunha superpregunta. Cada resposta correcta serve de guía para ir á resposta seguinte. Os grupos compiten entre si ó longo do curso. Unha vez completada a ronda do trimestre, aí vos deixamos a superpregunta. Publicaremos aquelas que estean correctas.
SUPERPREGUNTA
En febreiro de 1996 prodúcese o divorcio dunha personalidade británica que máis tarde morre nunha cidade cuio centro está aproximadamente nas coordenadas 2º 15' E e 48º 50' N. Se lle cambiamos o acento a esa cidade, coincide en nome cun heroe troiano que tamén era coñecido por un sobrenome en honra dunha fazaña que fixera. ¿Quen era o preceptor do rei de Macedonia cuio nome de pía coincide co sobrenome do heroe troiano?

6.2.07

Xogo de búsqueda de información: "Cada ovella coa súa parella"

Grazas ós compañeiros do PLAMBE, aproveitamos esta actividade para xogar un pouco buscando e seleccionando información sobre parellas famosas da historia, literatura, cine, etc.

Durante o periodo de tempo que vai ata o 14 de febreiro, o alumnado pode escoller unha ficha co nome dun persoeiro, buscar información sobre él e a súa parella e elaborar unha ficha explicando por que están xuntos e unha pequeniña historia dos personaxes. Por último, pegamos as fichas nun gran mural en forma de corazón que temos na entrada da biblioteca.

5.2.07

Cartas de amor: Un certame de creación literaria

Xa está en marcha o noso segundo certame de Cartas de Amor. Escríbelle unha fermosa carta ó teu amado ou amada e entrégaa na biblioteca antes do día 14 de Febreiro. Haberá dúas modalidades. Unha para primeiro ciclo da ESO e outra para os demáis cursos. Os gañadores de cada modalidade verán a súa carta publicada na nosa revista "O besbello saltón"

Club de lectura virtual

Para o alumnado de 2º ciclo e bacharelato. Cada trimestre escollen un libro que servirá de base para as reunións do club de lectura. Os lectores tamén poden participar facendo os seus comentarios no blog. Ó remate do trimestre hai un concurso con preguntas sobre o libro. Hai premios para os gañadores do trimestre e para os que acumulen máis puntos ó rematar o curso.
Este trimestre "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.
Información sobre a obra:
e sobre o autor en:


Participa de xeito virtual

no club de lectura:

fai os teus comentarios só cun "clik"

1.2.07

Lectura do trimestre en inglés

This term we'll read "The stranger"
Cada trimestre propoñemos unha lectura en inglés para alumnos de cursos superiores. Ó final do trimestre faise un concurso de preguntas sobre o libro. Son preguntas de resposta rápida, algunhas tipo test. O gañador de cada trimestre recibe un lote de libros en inglés co seu correspondente CD de audio. Os puntos obtidos acumúlanse para a posterior proclamación dun "reader of the year". No primeiro trimestre o libro foi "The queen of death" de John Milne. Neste segundo trimestre estase a ler "The stranger" de Norman Whitney.